jueves, 14 de junio de 2012

VISITA A QUEIXERIA

Hoxe visitamos a queixería de Touro . O chegar , déronnos unhas explicacións sobre o que se lle ía a poñer a leite para que se transforme en queixo ,logo vimos uns debuxos animados que axudaron a entender todo o proceso. Para manipular os alimentos explicáronnos que tíñamos que estar moi limpos e vestidos dun xeito especial ,con mandil , calzas e gorro e por suposto lavar ben as mans . Logo de merendar un bocadillo de queixo e unhas galletas , xogamos un anaco ,para ir despois a facer a etiqueta do noso queixo , cada un o seu .O rematar xa estábamos preparados para facer o queixo ,cada un leva unha etiqueta con un número que identifica o seu creador , así que ides a poder comer un queixo feito polo voso Pingota ou Coco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada