jueves, 7 de junio de 2012

"AS MATEMÁTICAS E O NOSO CORPO"

Agora que estamos a estudar o corpo humán, de que xeito podemos relacionar o noso corpo coas matemáticas? Pois de moitas maneiras. 

Na clase dos cocos elaboramos unha táboa na que fumos colocando diferentes datos: nome, anos, altura, peso, talla de roupa e nº de pé. As medicións fixémolas na escola con axuda de cinta métrica e báscula e para saber a talla e nº de pé miramos as etiquetas de roupa e calzado.

Unha forma divertida de traballar as matemáticas, non vós parece? Pero ainda podemos facer máis. Unha vez que teñamos a táboa rematada todavía se poden facer máis cosas. Estade moi atentos á próxima entrada do blog.



1 comentario:

  1. Ola Pingotas!
    Dende o blogue http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/ vos queremos entregar o premio "Liebster blog". Poderedes visitar esta ligazón para recoller este premio: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2012/06/un-premio-especial-para-o-noso-blog.html

    Grazas por contarnos un sinfín de historias interesantes e educativas.
    Saúdos e biquiños dende Vigo.

    ResponderEliminar