miércoles, 30 de mayo de 2012

MUSEO ETNOGRÁFICO (CASA DO PATRÓN)

Este martes saímos de excursión cos compañeiros do Sto. Paio de Abaixo dentro do programa de Agrupacións Escolares. Esta vez fomos ata Codeseda no Concello de Lalín e atopamos unha pequena aldea na que  varias casas de pedra formaban parte dun museo etnográfico. Aprendimos unha chea de cousas referidas a cultura de Galicia, dende os oficios que había antigamente e os aparellos que utilizaban, ata como era unha típica casa galega.

Despois da comida disfrutamos correndo e xogando nunha carballeira e aprendimos a facer pan nun forno de leña e rematamos facendo barquiños de casca de noz e outras figuriñas con barro.

Agradecer a Carmen, Lola e Luis asúa amabilidade e todo o que nos ensinaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario