martes, 24 de abril de 2012

PRIMEIRA CONSULTA

Xa feita a historia ,pasamos a ver o paciente, o profe Manuel. Os Pingotas saben que estas consultas sirven para traballar e aprender, e como veredes no video tomano moi en serio. Unha cousa é mirarse uns a outros e outra moi diferente ter a unha persoa maior a que temos que facerlle preguntas e tomar a iniciativa de este proceso. Eles saben para qué sirven todos os aparatos e como se fan as proban ,pero qué dificil é verse só e como protagonista. Con este tipo de actividades pretendemos como é lóxico que aprendan as partes do corpo ,as funcións que teñen ,para qué sirven , pero tamén que melloren a súa expresión oral , que se atopen en situacións nas que non temos todo controlado e os pacientes van a poder plantearnos algún tipo de problema que teremos que solucionar sobre a marcha , obligándonos a utilizar todolos recursos que temos para salir do paso,tomando iniciativas e poñendo en xogo todo o que saben.

3 comentarios:

  1. Encantoume o vídeo e a idea da clínca. Cópioa para o próximo curso. Noraboa pola iniciativa e noraboa aos Pingotas que son uns médicos de campeonato.

    ResponderEliminar
  2. Gracias profe!!! Si necesitas material en soporte papel del proyecto te pasamos todas las fichas y demás ideas ok ??

    Un biquiño desde Casalonga

    ResponderEliminar
  3. Os exploradores de Reboreda están pensando que se algún día se poñen enfermos queren que os atendan uns médicos, enfermeiros e especialistastanben preparados coma estes. Un biquiño enorme a estes grandes profesionais. Parabéns!!!

    ResponderEliminar