jueves, 31 de marzo de 2011

VISITA DE JOSE ANTONIO DÍAZ PORTAVOZ DE VOZ NATURA

Esta semana tivemos a sorte de contar na nosa escola coa presencia de José Antonio Díaz, voceiro e secretario do Comité Científico de Voz Natura. Contounos moitas cousas interesantes e nós lle ensinamos algúns dos nosos traballos, as nosas prantacións e lle contamos algúns dos experimentos que fixemos ca auga.

E SABEDES QUE?????....INVITOUNOS A UNHA FESTA. A festa que se vai celebrar o 4 de xuño na Coruña, á que poden ir os papás e a mamás e onde haberá un montón de xogos.

NON A PODEDES PERDER.

martes, 29 de marzo de 2011

FACENDO PAN

O venres, aproveitando que a profe Luísa do cole de Reboreda prestounos unha panificadora, fixemos pan. Primeiro fumos tomando nota dos ingredientes e as cantidades que necesitabamos para logo pasar á elaboración do pan.
Fixádevos no video o ben que utlizan a báscula para poñer na panificadora a cantidade correcta de cada ingrediente.
Queremos agradecer á profe Luísa que nos prestara a panificadora para poder facer esta actividade tan interesante.



Para non esquecer a receita, témola que escribir, os maiores ademáis deberán poñer as cantidades e por último pasala a limpo para que calqueira a poida entender nas súas casas....e a verdade é que o fixeron moi ben.

lunes, 28 de marzo de 2011

TRASPLANTANDO NO NOSO HORTO

Despois de prantar sementes de xudias, leitugas,espinacas..etc na clase e ver como ían medrando ao longo dos días chégou o momento de trasplantalas para o noso horto.

De un en un Pingotas e Cocos fumos colocando cada cultivo nun porraliño diferente de xeito que logo poidamos facerlle os carteis identificativos .


VISITA O MUSEO DO POBO GALEGO

Visitamos o Museo do Pobo Galego e nel puidemos ver moitísimas cousas interesantes,barcos, aparellos de pesca,traxes típicos, ferramentas dos diferentes oficios ,etc, cada cousa estaba identificada con carteis nos que aparecía o seo nome,pasábamos de un a outro mentras eles ían lendo e comprobando que xa eran autónomos a hora de ver o que era cada cousa.

Logo a merenda no parque de Bonaval e un rato de xogos e exploración .



martes, 22 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DEL AGUA

Hoy ,22 de Marzo celebramos el día Mundial del agua,pero para los Pingotas y los Cocos , no sólo hay un día dedicado al agua , llevamos ya mucho curso trabajando sobre ella , conociendo su ciclo, experimentando , pero hoy ,como era un día un poquito especial decidimos hacer una preciosa gota de agua. La coloreamos con pintura de dedos, le pusimos ojitos móviles, unas piernas con zapatos de plasti, y al final " UN SECRETO" cada uno escribió en una pequeña tarjetita el mensaje secreto que quiso , para papá , mamá , la abuelita ...etc .

En el video vereis unas cuantas fotos del proceso ,el resultado final PRECIOSO!!.


O AGASALLO DOS PINGOTAS E DOS COCOS

...E aquí tedes o "Libro presentación" que fixeron os Pingotas e os Cocos para regalar ós nen@s e profes do cole "CEIP Ramón y Cajal" de Las Palmas de Gran Canaria.


VISITAD EL BLOG DE LA AGRUPACIÓN

En él podreis ver no sólo nuestro trabajo , sino también el del resto de compañeros de los diferentes COLEGIOS , CRA Y ZER .en la barra lateral derecha si pulsais sobre el logotipo del Ministerio os enlazará directamente

VISITA DE AGRUPACIÓNS ESCOLARES A CANARIAS

Opasado Xoves e Venres tivemos a sorte de compartir cos compañeiros de Agrupacións Escolares unhas xornadas de traballo nas que iniciamos a posta en marcha do que vai ser o noso proxecto ao longo destes dous anos.
Como veredes nos videos o colexio é modesto,non conta cos recursos que nós temos a sorte de poder disfrutar,de feito quedamos un pouco abraiados ao poder comprobar que comparados con eles as nosas aulas son extremadamente fermosas e ricas en materiais.

Visitamos as dependencias do centro e as diferentes aulas do mesmo, poidemos coñecer aos pequenos e entregarlle os agasallos que fixemos para eles, que por certo encantáronlles e quedaron moi agradecidos,mesmo bailamos todos xuntos en Infantil e 2º de Primaria e riron a fartar co CHIQUILICHÁ .Bicos e abrazos a fartar e peticións de fotos para rematar o Venres esta visita ao seo cole.




A entrega do libro dos Pingotas e os Cocos grabouno a profe Vero , darlle as gracias por que así podedes ver un anaquiño da mesma.

domingo, 20 de marzo de 2011

RAÚL RECIBE UNHA MENSAXE

Esta semán, Sara, a prima de Raúl quixo enviarlle unha mensaxe. Facía uns días que o vira na reportaxe da Televisión de Galicia e quería facerlle algunhas preguntas. Raúl, encantado, respostou á mensaxe e contestou as preguntas de Sara.

UN SAÚDO SARA DENDE CASALONGA!!!


jueves, 17 de marzo de 2011

QUE PASOU NO XAPÓN?

Esta semán os Cocos, aproveitando que o luns nos envían a prensa, falamos do que estaba a pasar no Xapón. Esto axudounos a aclarar algunhas dúbidas, a situar a Xapón no mapa,a buscar e recortar do periódico as fotografías do tsunami, a traballar a lectoescritura... Todo isto nun ambiente moi agradable de traballo onde destacaría o respeto no turno de palabra e a organización das parellas á hora de traballar.





...E Ó FINAL PLASMARON TODO NUN MURAL

martes, 15 de marzo de 2011

YAGO RECIBE UNHA MENSAXE

Esta vez foi Inés, a mamá de Yago, a que mandou unha mensaxe. Acababa de ver na Televisión de Galicia a reportaxe qe grabaron na escola e quería decirlles ós Pingotas e ós Cocos o guapos e listos que eran.


lunes, 14 de marzo de 2011

SARA NA CABALGATA DE ANTROIDO

Sara quería compartir con todos nós a tarde do martes de Antroido,día que participou na Cabalgata que organizaba o Concello de Santiago. Levaba moito tempo esperando que chegara ese día e por fin chegou. Algúns dos seus compañeiros puideron vela desfilando, pero para os que os estivemos alí, Sara nos trouxo as fotos e contounos o ben que o pasou ese día.


sábado, 12 de marzo de 2011

OS NOSOS PEQUES NA TELEVISIÓN DE GALICIA

Para os que nos puidechedes ver a reportaxe que a Televisión de Galicia emitiu o venres, aquí tedes o enlace para que non perdades de ver ós vosos "Cracks informáticos".
Moitas grazas á TVG e ós compañeiros que viñeron grabar o programa.


viernes, 11 de marzo de 2011

ENTROIDO " O MAR "

A temática do Entroido este ano foi a "AUGA".Os Pingotas e os Cocos disfrazáronse de diferentes persoas que teñen relación co mar , como buceadores, mariñeiros, bañistas e os socorristas , coa colaboración das familias e co traballo dos nosos pequenos fumos facendo os diferentes complementos como xa vos amosamos nos videos de anteriores entradas, eles pasárono moi ben ao tempo que colaboraban para facer as bombonas de oxixeno con botellas de leite, sombreiros con periódicos,barco con cartóns, canas de pescar forradas con goma eva para evitar golpes, peixes de todo tipo sobre un enorme mar pintado e decorado por todos eles...etc etc .

En este video recollemos diferentes fotos de todos nós.




Os nosos buceadores, socorristas , bañistas e mariñeiros en plena actuación.

miércoles, 9 de marzo de 2011

ANTROIDO EN CASALONGA


Despois de varios días cumprindo as órdenes que nos daba o Meco, o último día podiamos vir disfrazados como quixeramos. Pois fixádevos o guapísimos que viñan todos.

O EXPERIMENTO DE CLAUDIA

Claudia levaba varios días intentando explicarnos un experimento que facía na súa casa, ata que por fin un día trouxo o materal necesario para facelo na escola e así quedounos a todos moito máis claro.


sábado, 5 de marzo de 2011

A TELE VEN A COÑECER O NOSO PROXECTO COAS TIC "DE CASAlonga A CASA O VAI VEN DAS TIC"

O pasado Luns a Tele veu a nosa escola para coñecer de cerca un pouco máis do noso proxecto " De CASAlonga a CASA o VAI VEN das TIC". Viron cómo autonomamente traballamos cos ordenadores , como pedimos axuda si o precismos , cambiamos de un programa a outro ...etc , e ademáis entrevistáron a moitos de nós . Como xa sabedes o tempo na televisión é caro , así que aínda que estiveron grabando durante moito tempo o que se emite é un anaquiño , pero para que vos fagades unha idea do que aconteceo aquí tendes este video .


viernes, 4 de marzo de 2011

EL IES SAN CLEMENTE DE SANTIAGO NOS CEDE EL MATERIAL NECESARIO PARA PODER SEGUIR TRABAJANDO CON LAS TIC

Como ya sabeis en la escuela nos robaron y se llevaron parte de nuestro material informático, desde el primer momento nos pusimos manos a la obra para poder solucionarlo e instamos a todo aquel que quisiera escucharnos a que nos ayudasen , agilizasen los trámites administrativos que por desgracia siempre se dilatan y alargan en el tiempo , por que no queríamos quedarnos "tirados " queríamos poder seguir trabajando con normalidad. Los medios de comunicación se hicieron eco de la noticia y nos prestaron su apoyo divulgando la noticia, y gracias a uno de ellos , LA RADIO GALLEGA, una persona del IES SAN CLEMENTE de Santiago nos escuchó y puso en marcha un proceso que aún a día de hoy nos parece increíble, nos llamaron y preguntaron cómo podían ayudarnos , qué necesitábamos ,les explicamos que sólo queríamos lo que nos habían quitado pero sobre todo los cañones que son imprescindibles puesto que sin ellos no podemos utilizar las Pantallas táctiles (PDI) tampoco , ni hacer videoconferencias con normalidad. Al cabo de una semana teníamos en nuestra aula lo que vais a ver en el video , vereis la ilusión de los peques al verlo, hasta los ratones y los teclados les parecían chulísimos!!! Es como si viniesen los Reyes de nuevo por Casalonga .

Desde aquí , agradecer al Instituto San Clemente , a todos los que colaboraron con nosotros de una u otra forma , prestandonos su apoyo , animándonos , difundiendo la noticia , GRACIAS!!!

Esto fué un pequeño bache en el camino , pero ya estámos de nuevo en marcha gracias a vosotros .


jueves, 3 de marzo de 2011

UNHA MENSAXE PARA MATEO

O papá de Mateo madounos unha mensaxe e dúas fotos adxuntas do lugar onde traballa: "O AEROPORTO".Todos emocionáronse moitísimo ó ver a foto do avión e da torre de control, pero o máis emocionado foi Mateo que non lle chagaba o momento de contestarlle ó seu papá.

miércoles, 2 de marzo de 2011

AGASALLO PARA OS CUMPREAÑEIROS

E mentras Laura, Alicia e Yago estaban decorando os biscoitos , o resto dos seos compañeiros facíanlle un pequeno agasallo de recordo.


martes, 1 de marzo de 2011

CUMPREANOS DE FEBREIRO



O venres celebramos os cumpreanos de Laura, Yago e Alicia que cumpren anos no mes de Febreiro. Fixádevos que dúas tartas máis deliciosas nos fixeron.





E ademáis tivemos unha sopresa porque o papá de Alicia e Pablo veu a contarnos un conto. MOITÍIIIIIIIMAS GRAZAS.