viernes, 16 de diciembre de 2011

DECORANDO AS MACETAS -RENO E OS CALCETÍNS

E seguimos traballando ,hoxe tocou empezar a montar o noso reno-maceta.
O primeiro que fixemos fai xa uns días foi a silueta das mans dos peques e logo picámolas,o resultado ,serán os corniños do reno.
Para os ollos uns círculos brancos que picamos e démoslle unha pinguiña de cor negro ,para o nariz arrugamos moito un folio vermello e pegámosllo tamén baixo os ollos,un pouco de cor ouro nos corniños para decoralos e xa casi temos o traballo rematado!!.
Os calcetíns xa están secos despois de metelos no tinte, e aproveitamos para meterlle dentro tiras de periódico arrugadas, tivemos que facer moitas e foi longo o proceso , pero o resultado precioso !!!.Xa casi casi temos todo rematadiño,pero hoxe toca ver os procesos creativos, por que aínda que non o pareza, facer estos traballos non é doado, aínda que o velos tan concentrados traballando parece moi fácil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario