martes, 8 de noviembre de 2011

TENERIFE É UN PARRULO


Despois do sucedido na illa de Hierro, o tema dos volcáns para os Cocos despertou unha grande curiosidade que no podíamos deixar de explotar para traballar todo tipo de contidos. Entre outras cousas levounos a interesarnos por outro volcán O Teide que estaba nunha illa española que non conocíamos o nome pero da que tiñamos unha foto. Despois de buscar a forma da illa utilizando google earth, descubrimos que a illa era TENERIFE.
Y sabedes que forma ten a illa de Tenerife?
Os cocos o teñen ben claro: TEN FORMA DE PARRULO. E por iso despois de recortar a illa e pintala, lle puxeron todo tipo de complementos para convertila no animal que eles quixeran. Ó final salvo unha bolboreta, o resto foron parrulos.





Os pingotas recoñeceron na forma da illa a outro tipo de animais, dinosaurios, cabalos, león , foca ,un parrulo e mesmo un coche e unha bruxa,que aínda que non son animais os seus autores foi o parecido que atoparon.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada