miércoles, 2 de noviembre de 2011

CINE INFANTIL :"SOÑOS DE CHEQUIA"

A República Checa será a protagonista do fin de semana do 4 ao 6 de novembro en Compostela. O programa ‘Soños de Chequia’ traerá o mellor da cultura checa á nosa cidade a través de concertos, jam sessions, cata de produtos, cinema e exposicións. O programa está organizado polo Ministerio de Cultura checo, o Concello de Santiago e o Consorcio da cidade e conta coa colaboración da Embaixada da República Checa en España e o Centro Checo de Madrid.


O Centro Checo posibilita a proxección de dúas películas, unha delas para público infantil, durante esta edición do festival “Soños de Chequia” en Santiago de Compostela:
Sábado 5 ás 12.30 h e domingo 6 ás 17.00 h
Aventuras da pequena toupa é unha película para nenos creada polo animador de cine checo Zdenek Miller. A película obtivo moito éxito en todo o mundo e, por iso, apareceron logo numerosos libros con historias do protagonista, unha toupa que se converteu en símbolo dun aventureiro espacial ao mando da última misión da astronave Endeavour.
Prezo adultos 3 €. Nenos: 1,5 €
Agardamos que os escolares podan disfrutar da programación cultural que dende a Concellaría de Cultura estamos a ofrecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario