martes, 18 de octubre de 2011

QUE FORMA TEN UN VOLCÁN?

Traballar as figuras xeométricas e a lóxica-matemática en xeral é moito máis doado cando o relacionamos co noso contorno. Agora que todos estamos pendentes do que está acontecer na illa de Hierro, decidimos facer volcáns cunha folla de papel.

A única condición era que se tiña que manter de pe enriba da mesa e para iso unha vez feito unha especie de cucurucho había que darlle a forma redonda na base.

Ó final puxemos nome a esa figura xeómetrica e agora xa non se nos esquence cómo é un CONO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario