domingo, 9 de octubre de 2011

OS COCOS APRENDEN CON GOOGLE EARTH

Dende que os cocos descubriron Google earth, tódolos días atopamos algún motivo para utilizalo:un folleto que alguén trae das últimas vacacións, un regalo que recibiron de alguén que estivo noutro país ou simplemente curiosidade por descubrir onde viven.

A continuación tedes o video de Sara que quere atopar o aqua-park de Cerceda, onde estivo este verán e Claudia que "viaxa" por Osebe en busca da súa casa.

Deste xeito os Cocos achéganse ó mundo da xeografía e do coñecemento do medio coma si dun xogo se tratara. Un xogo no que eles son os protagonistas e a mestra a guía que intenta que adquiran coñecementos de xeito significativo.


SARA EN CERCEDA




CLAUDIA BUSCA A SÚA CASA

No hay comentarios:

Publicar un comentario