lunes, 10 de octubre de 2011

LECTURA SILENCIOSA

É importante que os cocos acostumen a facer lecturas silenciosas. Moitos xa son capaces de ler todo o texto, outros len un pouco e logo se cansan pero o importante é ir collendo o hábito da lectura silenciosa.

Agora que estamos a traballar, con motivo da chegada do Samain a finais de Outubro, o proxecto das bruxas, cada vez que fagamos algunha actividade na que haxa que ler algún texto, o imos facer primeiro individualmente e logo en voz alta para que todos entendamos o texto.

O certo é que o fan xenial estes cocos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario