domingo, 11 de septiembre de 2011

O NOSO HORTO MEDRA UN POUCO MÁIS

Fai uns días dende o Concello mandaron unha brigada para que limparan e moveran a area dos areeiros da nosa escola, aproveitando que tiñan unha máquina que pensamos podía servir , pedímoslle si nos facían o favor de ampliar un pouquiño o horto , por que somos moitos e non nos collen os cultivos , meu dito meu feito , nun momentiño tiñamos unha ampliación para poder prantar este curso todo o que queiramos .

Moitísimas gracias , tanto aos operarios da brigada pola súa amabilidade como o Concello de Teo por procurar que as escolas estén axeitadas.

Hoxe inauguramos un novo curso VOZNATURA, baixo o lema " Reforestemos" onde as árbores serán as protagonistas.

No video vese ben cómo era o noso hortiño e como vai ser neste novo curso


2 comentarios:

  1. Querida profe Susana:
    Gustounos moito o voso horto e esperamos que plantedes moito.
    A ver se nos podes facer unha visita pronto.

    Bicos e abrazos dos cativos da Reboraina

    ResponderEliminar
  2. Hola chicos!!!! qué alegría recibir a vosa mensaxe.

    O noso horto aínda está un pouquiño salvaxe, en breve imos a empezar a traballar en él e xa veredes como o deixan os Pingotas e os Cocos de chulo .

    Tan pronto como poida e non teña cole aquí escapome a facervos unha visita vale??

    Seguide traballando moito e escribídenos vale, que nós respostarémosvos sempre.

    Un bico moi grande a todos todos todos.

    La profe Susana que os quiere un montón !!!

    ResponderEliminar