sábado, 24 de septiembre de 2011

HAI RAZÓNS PARA CRER NUNHA ESCOLA MELLOR

A profe Vero, que os Pingotas e os Cocos coñecen ben ,colocou este post no seu blog que compartimos plenamente, por que SI cremos nunha escola mellor

Nestes tempos tan difíciles, onde a imaxe dos mestres está polo chan e parece que somos uns vagos que non facemos máis que queixarnos de vicio, sempre aparece alguén que nos recorda porque estamos aquí e porque facemos o que facemos. Quero compartir con todos vos este vídeo precioso que compartiu comigo Domingo Méndez, un mestre de secundaria que coñecín no TECNONET e que volvemos coincidir no Educaparty de Valencia. O vídeo foi feito por un cole de Tenerife, o CEIP MARÍA ROSA ALONSO e verdadeiramente representa os sentimentos de moitísima xente que estamos dentro da escola e aos que nos encanta o noso traballo. Espero que vos guste.




1 comentario: