jueves, 16 de junio de 2011

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O martes marchamos de excursión ó Grove. Como chegamos con tempo de sobra antes de ir ó catamarán, aproveitamos para almorzar e logo visita-la praza de abastos onde moi amablemente nos amosaron algúns dos peixes que alí vendían e nos agasallaron cunhas pelotas para a praia co logo da asociación da praza.

No catamarán Roi i Sara nos amosaron unha chea de cousas que non sabiamos e logo baixamos a ver o fondo marino onde atopamos peixes e as cordas das bateas cos mexilóns. Disfrutamos moito coa experiencia e sobre todo cando arrancou o barco e pudimos ver a impresionante ola que se formaba.

Comida no merendeiro do monte Siradella onde disfrutamos das vistas e do parque con tirolina incluída.

Volta a casa, moi cansados pero moi contentos





1 comentario:

  1. QUE GOZADA!!! DA GUSTO VER AS CARIÑAS DESTES PEQUES E OS SEUS COMENTARIOS. NORABOA AS PROFES QUE FIXERON POSIBLE ESTA SAÍDA, POR MOITO QUE TRABALLASEDES A AUGA NA CLASE, DE SEGURO QUE NESTA SAÍDA SENTIRON, PALPARON E APRENDERON MÁIS QUE EN TRABALLO E TRABALLO DE AULA. É UNHA PASADA PODER ATOPAR MESTRES QUE COÑECEN BEN AOS SEUS ALUMNOS E SABEN DE TODAS AS POTENCIALIDADES QUE NOS OFRECE O MEDIO E, A PESAR DE TODAS AS TRABAS, QUE ADOITAN SER MOITAS E OS QUE ORGANIZAMOS COUSAS ASÍ BEN O SABEMOS, SEGUEN ADIANTE E FAN ACTIVIDADES ASÍ, NORABOA UNHA VEZ MÁIS.

    ResponderEliminar