jueves, 23 de junio de 2011

A AVÓA "ZAHORÍ" DE RAÚL

O luns tivemos a sorte de contar coa presencia de Rosario, a mamá de Raúl, que nos fixo partícipes dunha parte da súa infancia e unha tradición moi arraigada en Galicia como era a de os "zahories" ou buscadores de auga.

A avóa de Raúl tiña un "don" que lle permitía, coa utilización dun reloxo e unhas moedas antigas, descubrir o lugar exacto e os metros onde se atopa a auga para face-los pozos. E así axudaba ós veciños convertíndose nunha das "zahories" máis recoñecidas na zona, xa que os pozos que fixeron grazas a ela non secaron ata o día de hoxe.

MOITAS GRAZAS ROSARIO POLA TÚA COLABORACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario