miércoles, 25 de mayo de 2011

UN DÍA NO "SANTO PAIO DE ABAIXO"

O luns da semana pasada fumos invitados polo cole "Santo Paio de Abaixo" de Reboreda a compartir unha xornada de xogos populares con eles.
Despois dunha viaxe un pouco longa chegamos ó cole e fumos recibidos no patio polos nosos amigos os Vincis e despois de xogar no recreo con tódolos nen@s de Infantil fomos comer a exquisita merenda que nos tiñan preparada os seus pais e nais e aproveitamos para compartir con eles os cumpreanos do mes.
Por grupos, despois da merenda, fixemos o percorrido polos diferentes xogos que tiñan dispostos no pavillón, conseguindo tódolos tickets posibles que logo cambiaron por agasallos.
Logo da comida(tamén a cargo dos pais e nais de Infantil) regresamos a Casalonga despois dun día inolvidable que seguro non esquencerán.

GRAZAS A TOD@S os que fixeron posible este Intercambio Escolar.

"Ata pronto amigos".












Moitísimas gracias por todo o cariño que lle déchedes aos nosos pequenos , as atencións e os agasallos claro!!!! Eu persoalmente só decir públicamente o orgullosa que estou de ter traballado con vós estes anos, e bueno o que nos queda ehhh!!! . Gracias compañeiros!!! (Susana)




2 comentarios:

  1. Foi un auténtico placer recibirvos no cole. Os Vincis estaban desexando que chegara o día. Desde logo da gusto ver as caras de ilusión coas que recollen os premios. Moitas grazas a profe María, a profe Susana e ao profe Manuel por un ano cheo de intercambios, de compartir puntos de vista e de educar en común. Estou seguro que isto é so o principio.
    GRAZAS MESTRES.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa a todos!! Os exploradores tamén danvos as graza por todas as cousas bonitas que fixemos e seguiremos facendo xuntos, non si??? Un bico moi, moi grande AMIGOS!!!!

    ResponderEliminar