domingo, 10 de abril de 2011

A VERSIÓN DA "CARAPUCHIÑA E O LOBO " DOS PINGOTAS

Este Venres fixemos na clase unha pequena representación , moi persoal do conto da "Carapuchiña Vermella e o lobo ", como poderedes ver no video pasámolo realmente ben , foi moi divertido , eles eran os actores, os guionistas, de eles dependía toda a actuación, e fixérono moi moi ben.Na clase non temos teatrillo , pero non se precisa de grandes aparellos para conseguir o mesmo efecto, así que utilizamos unha tela do recuncho dos disfraces a xeito de telón .

Con esta actividade completamente lúdica o que realmente pretendía era facer que se expresen , que non teñan vergonza, que disfruten vendo o efecto que nos seus compañeiros produce o que eles están a facer, que son capaces de facer que o público o pase ben e ría a fartar!!!

Señoras e señores , presentámoslles a versión especial de "Carapuchiña e o lobo " dos Pingotas.



3 comentarios:

  1. JAJAJAJA. Vaia artistas están feitos estos pingotas

    ResponderEliminar
  2. Jugar aprendiendo, aprender jugando despertando la curiosidad por contar un cuento o cantar una canción , desarrollando competencias para alcanzar capacidades, de ser, estar y hacer

    ResponderEliminar
  3. Que chulada, escoitade unha idea, se facemos unha video conferencia e nos representades a obra a distancia?, que vos parece? Podia ser unha pasada.

    ResponderEliminar