miércoles, 6 de abril de 2011

A MAMÁ DE CARLOTA MANDANOS UN CORREO

Hoxe  Carlota levou unha sorpresa moi grande , a media mañá chegou un correo da súa mamá, ademáis encantounos por que sabedes que ten a mamá de Carlota no seu traballo ? SANDALIAS DE PRINCESA!!!
 aínda que a este paso van a durarlle pouco por que xa lle mandou un correo facendolle un encargo , todos os Pingotas queremos unhas!!!

Cando respostamos as mensaxes procuramos  que empecen a escribir o queiran  decir libremente, axudándolles para que a mensaxe teña un sentido para eles, esta vez tardei un ratiño en intervir por que ela soliña empezou a escribirlle tan concentrada que daba pena meter baza.  A pesar de que xa escribiu mensaxes en máis ocasións , esta vez o sorriso non se lle foi da cara en todo o tempo , estaba escribíndolle a mamá!!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario