martes, 26 de abril de 2011

"FESTA DA PRIMAVERA" COS NENOS DE RARIS

O último día antes das vacacións de Semana Santa a profe Tania e os alumnos da escola de Raris viñeron a Casalonga a disfrutar dun bonito día de festa.

O primeiro que fixemos foron as presentacións para irnos coñecendo, logo os nenos de Raris trouxeron dous bonitos agasallos para o aula dos pingotas e dos cocos: dous "atrapasoños" feitos por eles e que colgamos nas nosas aulas para que atrapen os pesadelos dos nen@s de Casalonga. E nós lle entregamos uns títeres personalizados como fixeramos cos nenos de Reboreda, convertíndose así no agasallo que entregaremos ás nosas visitas.



Despois das presentacións tiñamos pendiente facer pan doce sen gluten. Ó rematar a mañá cada un levou un anaquiño para probar na casa.
Temos que agradecer á mamá de Sara que nos trouxera tódolos ingredientes e a panificadora para poder facer o pan.



Antes de almorzar picamos, recortamos e decoramos frores para logo dobrar os pétalos e botalas nunha..............PISCINA HINCHABLE!!!!!! chea de auga e descubrir como se ían abrindo por "arte de maxia". Ó final con elas decoramos as ventás da escola porque ó estar molladas pegaban sen problema no cristal.



E aproveitando que tiñamos unha piscina chea de auga e como fin de festa, vaciamos unha botella de fairy e probamos a facer pompas de xabrón con aros e palliñas postas a modo de pompero...As profes tamén o pasamos moi moi ben.



No hay comentarios:

Publicar un comentario