martes, 22 de marzo de 2011

VISITA DE AGRUPACIÓNS ESCOLARES A CANARIAS

Opasado Xoves e Venres tivemos a sorte de compartir cos compañeiros de Agrupacións Escolares unhas xornadas de traballo nas que iniciamos a posta en marcha do que vai ser o noso proxecto ao longo destes dous anos.
Como veredes nos videos o colexio é modesto,non conta cos recursos que nós temos a sorte de poder disfrutar,de feito quedamos un pouco abraiados ao poder comprobar que comparados con eles as nosas aulas son extremadamente fermosas e ricas en materiais.

Visitamos as dependencias do centro e as diferentes aulas do mesmo, poidemos coñecer aos pequenos e entregarlle os agasallos que fixemos para eles, que por certo encantáronlles e quedaron moi agradecidos,mesmo bailamos todos xuntos en Infantil e 2º de Primaria e riron a fartar co CHIQUILICHÁ .Bicos e abrazos a fartar e peticións de fotos para rematar o Venres esta visita ao seo cole.




A entrega do libro dos Pingotas e os Cocos grabouno a profe Vero , darlle as gracias por que así podedes ver un anaquiño da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario