miércoles, 26 de enero de 2011

A VISITA DO ALCALDE E A CONCELLALA DE EDUCACIÓN DAN OS SEOS FRUTOS

O Luns o Alcalde e a Concellala de Educación visitaron a nosa escola para ver in situ a situación na que nos atopamos tralo roubo deste fin de semana, aproveitamos para explicarlle o que para nós supón non contar coa dotación sustraida , ao tempo que lles fixemos unha serie de solicitudes como que nos bloqueen as ventanas da parte traseira da escola aumentando as medidas de seguridade, un punto de luz , alarma ...etc ,mostraron interese e boa disposición para levar esto a cabo.
Aproveitando que se achegaron a escola , amosámoslle as melloras que estámos tentando levar a cabo e comentámoslle a posibilidade de que pecharan o balcón do piso superior como xa está en outras escolas , posto que gañaríamos en calor aforrando por tanto en calefacción, e poderíamos aproveitar unha das aulas do piso superior para traballar cos nosos pequenos , que nestes momentos non se atopan en situación de habitabilidade, Carmen Dieguez amosóuse interesada no tema , polo que esperamos que se poida levar a práctica .
Amosar interés é importante, pero máis facer as cousas que se comprometen a facer , e neste caso , o mesmo Luns instalouse a luz na traseira da escola e onte Martes tíñamos a uns traballadores do concello colocando medidas de seguridade nas ventanas, esto vai por bo camiño , a ver si pouco a pouco TODO o que se solicitou se leva a práctica.

1 comentario:

  1. A ver se hai sorte e cun pouco de boa vontade das autoridades competentes podedes estar nun medio máis seguro e decente porque con todo o que traballades e a dedicación total que tedes pola escola e polos Cocos e Pingotas ben o merecedes.
    Bicos dende Reboreda

    ResponderEliminar