miércoles, 26 de enero de 2011

A VISITA DA RADIO GALEGA

Hoxe Alberto, periodista que traballa na Radio Galega veu facer unha entrevista en directo acerca do roubo na Escola de Casalonga. Mentres esperaba a chamada de teléfono para entrar en directo na radio, veu hasta a clase dos Cocos e xogamos con el ás adiviñas. Cal sería a profesión de Alberto? As respostas foron moi variadas dende policía a ladrón pasando por cantante ou cocineiro. Ó final fixemos un pouco de trampa e, aproveitando unha saída de Alberto para contestar o teléfono, achegamonos ó seu coche para leer o que había escrito na parte de atrás.





Antes de marchar, Alberto deunos a dirección para poder escoitar a entrevista en internet. Menos mal que temos os ordenadores pequenos e así, conectando un deles á rede, pudimos comprobar o ben que o fixo a profe Susana contestando ás preguntas que lle facía Alberto sobre o roubo.

7 comentarios:

  1. A verdade é que Alberto foi moi cercano con todos nós , pero o mellor de todo foi esto , prestoúse a pasar un rato cos Cocos,xogando ?? non , obligándoos a pensar, a facer hipótesis sobre o posible traballo deste home ao que non coñecíamos e cando rematou o seo traballo alá volveo a clase dos Cocos a despedirse deles.

    Gracias Alberto pola túa cercanía.

    ResponderEliminar
  2. Galicia por Diante-Radio Galega27 de enero de 2011, 11:40

    Eh, sodes marabillos@s!!!! Bicos para os Pingotas e os Cocos!!!!

    ResponderEliminar
  3. Gracias a vós polo voso interés .Da gusto que cando o precisas os medios de comunicación tamén se impliquen .

    Unha aperta . Dos Pingotas, Cocos e das profes.

    ResponderEliminar
  4. O QUE DISEE OI OI ONIO
    (SARA DI: "O QUE DISECHE FOI MOI BONITO")
    SARA

    ResponderEliminar
  5. Pero que famosos vos estades volvendo. Noraboa!!, vai ser verdade que de todo o malo sempre sae algo bo.

    ResponderEliminar