domingo, 16 de enero de 2011

TRABALLANDO O SOPLO CON CORES, CREANDO CO SOPLO

O soplo é un exercicio de todos coñecido , pero moi importante para conseguir a relaxación da musculatura xeneral e fonadora,aumentando o control da tonicidade e a coordinación dos músculos da articulación. Así que intentamos traballalo de xeito divertido , para que os pequenos se exerciten sin ser conscientes de eso nin vivencialo como traballo , pero o mesmo tempo o pasen ben , polo que neste caso o traballamos através das cores, e fumos creadores soplando , fixeron un gran traballo e uns cadros únicos .



4 comentarios:

  1. Moi ben Pingotas. Esta semana vouno tentar cos Vincis. O ano pasado fixémolo e os folios acabaron máis cheos de cuspe que de pintura, a ver se agora nos sae mellor. Xa vos informarei.

    ResponderEliminar
  2. Oooooh, que cousas máis bonitas, Pingotas. Encántanme todos, pero a verdade é que o de Adrián é espectacular!É moi creativo, a ver se ides ter aí ó próximo Miró sen vos decatar!

    Bicos e seguide pasándoo tan ben na escola!

    Cris (mamá de Pablo R.)

    ResponderEliminar
  3. O certo é que si que son uns artistas , foron pouco a pouco e quedaron unhas obras chulísimas, e prácticamente sin babas profe Vero!! :)

    ResponderEliminar
  4. Xa soplamos!! E non foi nada mal.Iso si primeiro vimos o voso vídeo para aprender a facelo ben. A verdade é que comparado co ano pasado melloramos unha chea. Iso si, en confesión direivos que tres cuspiron máis que soplaron e romperon a folla, unha mágoa, pero non vai sair todo a primeira. Mañá xa mandeirei aos Vincis que vos conten a súa experiencia.

    ResponderEliminar