miércoles, 26 de enero de 2011

PÓDESE FACER MÚSICA CON AUGA

Hoxe fixemos un experimento , queríamos ver si era posible facer música tendo como un dos elementos a auga, así que coa colaboración da mamá de Pablo Mirás que nos facilitou parte do material , Os Pingotas puxéronse máns a obra. O primeiro de todo , tíñamos que ir ao piso de arriba da escola por que como abaixo estaban os obreiron traballando con taladros non podíamos oírnos , así que moi contentos fumos para arriba con todos os materiais necesarios, calefactores para non ter frio incluidos.
1º Tíñamos que tintar a auga dalgún xeito para que quedara máis visual
2º Conseguir meter a auga nunhas botellas,o problema é que a profe olvidouse dun embudo e tiveron que botala da xerra directamente, o que obligou a facélo amodiño, controlando os movementos ó máximo.
3º Cómo facemos música coas botellas con auga de cores ??
4ºPara que a música soe temos que cooperar , así que fixémolo en grupiños

No video ides poder ver todo o proceso , o final que foi o máis espectacular só sae uns segundiños , por que acabouse a batería ,así que o seguinte son fotos .grabaremos un pequeno concerto o próximo día para que vexades que ben lles quedou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario