domingo, 30 de enero de 2011

O VAI VEN DAS TIC, TRABALLO COOPERATIVO

Este Venres tócalle aos Pingotas pequenos levar o ordenador á casa, así que ao longo desta semana un pouco inusual polo trajín do roubo, estiveron a traballar con eles na clase, pero contamos con unha axuda extraordinaria , por que a profe axúdanos e vai de un a outro , pero cando os maiores rematan co seo traballo veñen a axudarnos , dese xeito e por parellas podemos contar con unha axuda individual, e nin que decir ten o orgullosos e maiores que se sinten os seos compañeiros de 4 anos. Este traballo cooperativo motiva tanto a uns como aos outros , posto que a relación de cooperación , axuda , de sentírse útiles é algo que fai que medren en todolos sensos, fixádevos que non hai pelexas , nin discusións , os que precisan axuda aceptan de bo grado a axuda dos compañeiros.

2 comentarios:

  1. Que pasada!!! Estou dándolle voltas e creo que no noso cole, aproveitando todos os ordenadores que imos comprar, igual podemos pola semana traballar na aula, facendo turnos de uso entre as clases. Encántame ver a eses pequenos manexándose tan ben. Hoxe vimos o vídeo na clase dos Vincis e quedamos todos impresionados. Os Vincis están desexando ter os seus equipos para comezar a traballar como os Pingotas e os Cocos.
    Estou pensando, profe Susana, se cando cheguen os nosos equipos podemos facer unha excursión a Casalonga para que os Cocos e os Pingotas nos expliquen como usar os ordenadores, ou, ao revés, vir vos cos equipos e darnos unha clase práctica, aos Vincis a idea encántalles, que vos parece.

    ResponderEliminar
  2. Que vós veñades xa vos digo que si , que nos vaiamos teríamos que falalo entre nós e coas familias ok ??

    ResponderEliminar