martes, 18 de enero de 2011

O CORREO DE LAURA

A nosa compañeira Laura tardou uns días en incorporarse despois das vacacións de Nadal por que estivo maliña, así que enviámoslle un correo e recibimos ao día seguinte a súa resposta xunto con unhas fotos da súa viaxe a Alemania nesas datas. Fumos véndoas con calma e como eran moi grandes abrin a primeira de xeito que so observabamos unha parte ,o que dou pé a situacións moi simpáticas. Dispostos a contestarlle e sobre todo pedir aclaracións sobre o tema de quén tiraba polo trineo ,chamaron a porta e .... era Laura que viña do médico e xa estaba ben !!! así que xa nos aclarou as cousas en vivo e directo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario