viernes, 21 de enero de 2011

De CASAlonga a CASA o VAI VEN DAS TIC

As Novas tecnoloxías forman parte do noso traballo cotía na escola, con elas como ferramenta principal , traballamos a lectoescritura, utilizando o blog , o correo electrónico , xogamos con programas que nos facilitan coñecer as letras e a súa situación no teclado ,axudámonos e cooperamos uns cos outros de xeito que os maiores axudan aos máis pequenos no manexo de determinadas actividades , comunicámonos coas familias e cos nosos compañeiros e amigos de proxectos ,coñecemos o entorno a través de actividades elaboradas exproceso para nós, así qué pensamos en dar un paso máis alá e facer que as tic ademáis de ser unha ferramenta que se utiliza na escola pase a ser unha ferramenta coa que os nosos alumnos poidan compartir coa familia as súas aprendizaxes e experiencias escolares, facendoas partícipes deste proceso de crecemento e maduración dos seus fillos .
Así pois e despois de reunirnos coas familias damos comenzo hoxe ao noso proxecto ,   "DE CASAlonga a CASA, O VAI VEN DAS TIC "  a través de él achegaremos este mundo das TIC as familias dende a perspectiva de cooperación coa escola na procura dunha educación integral  dos nosos alumnos e fillos.
Comenzamos dende o principio , aprendimos a encendelos , a conectar o rato , a acceder aos diferentes programas e actividades de xeito o máis autónomo posible , e así levamos uns días ...hasta que por fin hoxe  cinco Pingotas e cinco Cocos levaron cada un o seu equipo para traballar e disfrutar  con él xunto coa súa familia ,adxuntámoslles un pequeno tutorial para favorecer o manexo de determinados programas.


3 comentarios:

  1. QUE PASADA!!! QUE ENVEXA ME DADES. VERDADEIRAMENTE É UNHA SORTE TER MESTRAS TAN APLICADAS Y CON TANTA GANAS. MESTRAS QUE SON QUEN DE DARLLE A EDUCACIÓN DOS SEUS PEQUENOS UN ÁMBITO GLOBAL, MESTRAS QUE SABEN QUE A EDUCACIÓN NON REMATA NA ESCOLA, SENÓN QUE ESTÁ É A PORTA DE ENTRADA PARA AS APRENDIZAXES DOS NEN@S, MESTRAS QUE SABEN QUE SEN A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS TODO O TRABALLO DA ESCOLA QUEDA INCOMPLETO.
    DE VERDADE NORABOA POLA INICIATIVA, DESDE LOGO, OS DA CONSELLERÍA BEN PODEN ABRIR OS OLLOS E VER QUE NON PASA NADA CANDO LEVAMOS OS EQUIPOS PARA CASA, DE FEITO, NON TEN SENTIDO TELOS SO NA ESCOLA PORQUE O SEU USO NO NOSO MEDIO ESTÁ LIMITADO POLO TEMPO, OS NOSOS CONDICIONANTES, AS MATERIAS...
    EN REBOREDA IMOS COPIAR A VOSA PROPOSTA, ISO SI, A PEQUENA ESCALA PORQUE NON TEMOS TANTOS EQUIPOS, AÍNDA QUE SEGURO QUE ALGO QUE SE NOS VAI OCORRER.
    FELICIDADES SUSANA E MARÍA, DA GUSTO VER AOS PEQUES MANEXAN AS TICS E, O MELLOR DE TODO, VAI SER VER A ESES PEQUES ENSINÁNDOLLES AS FAMILIAS A MANEXARSE NUN ORDENADOR. E, SOBRE TODO, OS QUE TRABALLAMOS NISTO, SABEMOS QUE UNHA PROPOSTA DESTA EMBARGADURA TEN MOITÍSIMAS HORAS DE TRABALLO POR DETRÁS, DESAS QUE UN BOTA NA CASA DESATENDENDO A FAMILIA, AS SÚAS COUSAS E, INCLUSO, UN MESMO. DESAS DE "OS PROFES QUE BEN VIVEN", DAS QUE NON SE VEN, PERO QUE AI ESTÁN.
    NON DEIXEDES DE CONTARNOS TODAS AS NOVIDADES, ESTABAN ANSIOSOS DE VER COMO FUNCIONA.

    ResponderEliminar
  2. ¡Que bien trabajan estos peques! Da gusto verles trabajar con el ordenador.
    Para que luego digan que en Educación Infantil sólo jugamos.
    Me encata vuestro blog está muy completo y si me das permiso desde Asturias lo visitaremos para que vean como se trabaja en otra Comunidad Autónoma.
    En mi clase también he creado un blog para que los padres puedan ver como trabajamos dentro del aula y están encantados de poder ver a sus hijos.
    Las nuevas tecnologías son fantásticas tanto para padres como para los maestros y los alumnos.
    Muchos besinos desde Asturias

    ResponderEliminar
  3. Gracias Susana!!

    Podeis visitarnos siempre que querais y aún mejor si nos llamais o nos escribís un correo y así los niños te podrán contar alguna cosita y compartirla tus peques .

    Qué edad tienen tus alumnos ??

    Un biquiño desde Galicia

    ResponderEliminar