miércoles, 24 de noviembre de 2010

O CICLO DA AUGA

Despois de estudiar o ciclo da auga era interesante afianzar esta aprendizaxe, e que mellor forma que a través dun mural onde os cocos poideran expresar a través da plástica o aprendido dun xeito creativo, motivador e lúdico.

Durante varios días reservamos unha parte da mañá para traballar no mural, de xeito que cada un, de forma autónoma, facía o que máis lle gustaba. Finalmente utilizando frechas escribiron as palabras correspondentes as fases do ciclo da auga(AUGA-EVAPORACIÓN-CONDENSACIÓN-CHUVIA) e as pegaron no seu lugar.

Unha actividade na que cabe destacar a importancia do traballo en grupo para obter algo común.


3 comentarios:

  1. Quedou precioso Cocos pero o mellor é o ben que sabedes explicar todo o proceso.
    Que chulo vai a quedar na nosa nova entrada do cole :).

    ResponderEliminar
  2. Fantástico Cocos vaia expertos no Ciclo da Auga. Estamos abraiados.

    ResponderEliminar