jueves, 4 de noviembre de 2010

EXPERIMENTOS CON AUGA

Estes días andamos a facer experimentos con auga, como pensamos que para aprender o mellor e experiemntar as cousas por un mesmo ,empezamos por cousas sinxelas como por exemplo CAMBIAR A AUGA DE COLOR, e conseguir un color novo coa mezcla de outros dous.





Anxo Rivas colleo de camiño a escola unhas follas de parra ,ímos a utilizalas para comprobar si flotan ou non , ademáis como son tres , de tres tamaños diferentes e cores distintas utilizámolas para traballar a diferenciación dos tamaños e das cores de xeito significativo.

Sabedes si as follas de parra flotan ??? , e flotan aínda que sexan de cor verde? e as pequeniñas , as medianas e as grandes ?? Os Pingotas investigámolo , pero ademáis comprobamos si a flotación debíase a que había pouca auga , polo que fumos poñendo pouco a pouco máis e máis auga , este foi o resultado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario