domingo, 10 de octubre de 2010

VISITA A FERVENZA DA TOXA -PROXECTO DA AUGA

Como sabedes o proxecto da auga está a centrar algunhas das actividades que levamos a cabo diariamente no cole , e como en todos os proxectos os e as profes buscamos actividades e cousas motivadoras para ofrecerlle aos nosos pequenos. Nesta ocasión un grupo de profes fumos a coñecer a Fervenza da Toxa, pretiño de Silleda, e aproveitamos para coller mostras da auga e plantas acuáticas que alí había para poder traballalo logo nas aulas. Si non a coñecedes é un lugar precioso que vale a pena visitar cos pequenos , sobre todo nesta época de outono en que o bosque está verdadeiramente moi fermoso.


2 comentarios:

  1. que fervenza máis chula!!

    ResponderEliminar
  2. Profe Vero, como fixeches para ver o vídeo? Seica neste país non o deixan ver por problemas de copyright.
    Profe Susana, sería posible comprobar se ten algunha canción desas que lle costa traballo deixar?? Graciñas.

    ResponderEliminar