miércoles, 13 de octubre de 2010

UN REGALO DOS PINGOTAS

Este ano levamos unha sorpresa cando vimos que na nosa aula había un gran acuario. Aproveitando que estamos a traballar o proxecto da auga decidimos poñelo en marcha. Puxémolo a funcionar durante uns días, compramos un imán para limpialo e por último necesitabamos peixes. Como sabiamos que a profe Susana ten moitos na súa casa decidimos enviarlle un mail para decirlle si nos regalaba algún. Ó día seguinte viñeron os Pingotas e a profe Susana a traernos catro bonitos peixes e a contarnos todo o que debiamos facer para coidalos. MOITAS GRACIAS DOS COCOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario