domingo, 24 de octubre de 2010

UN CONTO MOI ESPECIAL

Os compñaeiros de Redondela tiveron estes días un contacontos moi especial , a profe Rosa contaba no seo Blog :

Onte, os peques de Reboreda tiveron unha oportunidade moi especial, recibiron a visita de Camilo un contacontos diferente, era sordo e empregaba a linguaxe de signos para comunicarse con nós.

Ao principio todos os peques estaban abraiados pero rapidamente foron capaces de seguir o conto con só prestar atención ás mans de Camilo, aínda que cando respostaban esquecíanse de falarlle e miraban cara atrás para darlle as respostas ás intérpretes das súas palabras.

Contóunos dúas lindas historias e logo ao rematar ensinóunos a dicir algunhas sinxelas palabras, como: papá, mamá, árbore, comer, durmir, gato, can,... El tamén quedou moi abraiado ao ver que os nosos peques eran capaces de facelo moi ben e sen esquecerse de ningún dos sinais.




Unha experiencia moi fermosa e necesaria . Gracias profe Rosa por compartíla con nós

2 comentarios:

  1. Foi todo un pracer compartir con vós este bonito agasallo que nos fixo Camilo. Non podemos deixar de compartir tantas cousas bonitas xa que estas son as pequenas cousas que nos fan medrar día a día.

    ResponderEliminar